Especialidades

No noso centro contamos con unidades especializadas en diferentes patoloxías:

Últimas técnicas ambulatorias (sen ingreso):

  • Ciruxía de catarata (facoemulsificación, lentes intraoculares plegables, lentes multifocales para o tratamento da presbicia).
  • Queratocono: segmentos intracorneales, cross-linking, lentillas especiais.
  • Transplante de córnea (queratoplastia).
  • Transplante de membrana amniótica.
  • Ciruxía do pterigium mediante autotransplante de conjuntiva con tissucol.
  • Ciruxía lasik de miopía, astigmatismo e hipermetropía.
  • Lentes intraoculares fáquicas.

Os defectos refractivos son alteracións no ollo que provocan que as imaxes se enfoquen de maneira anómala na retina, esto implica unha percepción alterada e polo tanto unha visión borrosa.

A ciruxía refractiva permite eliminar ou minimizar os defectos refractivos (miopía, hipermetropía, presbicia e/ou astigmatismo)

A Cornea é a estrutura ocular que permite o paso da luz ás estruturas internas do ollo. É un tecido ocular transparente, ubicado no polo anterior do ollo, que protexe o iris e o cristalino.

A amblioía (“ollo vago”) afecta entre o 2% e o 4% da poboación infantil en idade escolar (máis de 3 anos). Os defectos de refracción na infancia (miopía, hipermetropía e astigmatismo) son a causa máis frecuente de fracaso escolar.

Recomendase unha revisión oftalmolóxica nos primeiros anos de vida (preferentemente antes dos 4 anos), e despois unha anual ata a maduración total do aparato visual (8-10 anos).

Xunto á retinopatía diabética e á dexeneración macular relacionada coa idade, é unha das causas da cegueira no noso tempo, evitable, sempre que se diagnostique precozmente.

Diagnóstico precoz: campimetría computarizada, estudo estrutural da capa de fibras do nervio óptico mediante tomografía de coherencia óptica.

Trabeculoplastia láser.
Cirurxía ambulatoria mediante trabeculectomía perforante e non perforante.

A neurooftalmoloxía estuda as enfermidades que afectan aos sistemas nervioso e visual.

Os principais trastornos da visión que poden estar relacionados coas enfermidades neurooftalmolóxicas son:

  • Perda da visión, xa sexa temporal ou de longa duración
  • visión dobre ou diplopía
  • Movementos oculares involuntarios como o nistagmo
  • Dificultade para realizar un ou máis movementos oculares
  • Desigual tamaño da pupila ou anisocoria
  • Pálpebras caídas ou ptose

Tratamento de patoloxías tanto a nivel palpebral (ectropión, entropión, ptose) como a nivel estético (bolsas palpebrais, administración de Botox, Restilane...)

Tratamento do desgarro por obstrución do conduto lacrimal (epífora) mediante dacriocistorinostomía, tanto clásica como con láser CO2, de forma ambulatoria.

Adaptación de axudas especiais, tanto ópticas (lupas, microscopios, telemicroscopios) como non ópticas (lupas de televisión, flexos especiais, filtros para mellorar o contraste...) naqueles casos nos que, tras sufrir unha patoloxía grave da visión, permanece certo resto visual, que podemos mellorar e así contribuír a mellorar o desempeño das actividades da vida diaria (lectura, costura...) e así tamén a calidade de vida dos nosos pacientes.

Dedicado ao diagnóstico e tratamento de enfermidades da retina como o desprendemento de retina, a dexeneración macular relacionada coa idade, a retinopatía diabética.

  • Contamos cos tratamentos máis avanzados: Vitrectomía 23g, que permite un mellor postoperatorio e unha recuperación máis rápida.
  • Administración intravítrea de antiangioxénicos na DMAE.
  • Láseres de última xeración para a retinopatía diabética.

Pide cita e obtén o teu diagnostico completamente personalizado.

Pide cita
comun_kitdigital_logos_alt comun_kitdigital_logos_txt