Quen somos


O CENTRO DE OLLOS DA CORUÑA naceu en Xaneiro de 2002 froito da colaboración previa das consultas dos seus actuais directores, o Doctor Carlos Méndez Vázquez e o Doctor José Antonio Saavedra Pazos. Despois de estudiar a situación da oftalmoloxía na Coruña, viron que existía un baleiro que era preciso cubrir, sobretodo no relativo ós grupos de colaboración da especialidade.

O traballo en equipo permítenos non só cubrir un amplo horario diario (de 8:30 da mañá a 8:30 da tarde), senon tamén desenvolver diferentes subespecialidades, cubrir as urxencias oftalmolóxicas e abranguer unha ampla gama de probas diagnósticas e tratamentos de última xeración.

Actualmente 8 oftalmólogos, 10 auxiliares, unha anestesista, 3 optometristas e 3 administrativos encárganse de ofrecerlle os mellores servizos para o coidado da súa saude visual.

Os nosos números aválannos: máis de 100.000 pacientes vistos dende o ano 2002, 10.000 pacientes novos cada ano, 36.000 revisións anuais e máis de 2.500 intervencións quirúrxicas e procedementos láser, son a garantía que ofertamos en cada un dos actos médicos levados a cabo.

Esperamos que a nosa experiencia, profesionalidade e tecnoloxía sexánlle de axuda nas súas revisións oftalmolóxicas. Non dude en porse en contacto con nos.