¿Que é unha catarata e como se corrixe?

CataratasAs cataratas seguen sendo a causa de baixa visión e cegueira máis frecuente no mundo, sobre todo en países en vías de desenvolvemento.

Prodúcense pola opacificación progresiva (debido principalmente ao envellecemento) do cristalino, que é a lente natural do ollo que en condicións normais é transparente e axuda a enfocar a imaxe sobre a retina.

O 60-70% da poboación por encima de 65-70 anos teñen algún tipo de catarata e a cirurxía da catarata é a operación máis realizada nesta franxa de idade.

A diferenza doutras enfermidades como o glaucoma ou a retinopatía diabética, trátase dunha causa de cegueira que se pode solucionar.

A indicación principal para efectuar a cirurxía é a perda de calidade de vida do paciente derivada da perda de visión que produce, cando xa afecta a actividades da vida diaria como a condución, a lectura, etcétera

Hoxe en día, grazas ás técnicas de anestesia local e tópica,a facoemulsificación avanzada, as incisións mínimas sen suturas e as lentes intraoculares plegables, incluso multifocales, é posible non só restaurar a visión despois dunha catarata senón mesmo eliminar defectos previos como a miopía, a hipermetropía, o astigmatismo ou mesmo a vista cansa ou presbicia, mellorando a calidade de vida do paciente.