Preguntas frecuentes


¿Cómo vemos?

O ollo é o órgano do sentido da visión. Está formado como un globo con distintas capas, cada unha das cales ten unha función, que permiten que a luz penetre ata chegar á retina, a capa interna do ollo, formada por terminacións nerviosas capaces de detectar a luz, a súa intensidade e cor, e transformala en estímulo nervioso. Este estímulo nervioso é conducido polo nervio óptico ata a zona do cerebro (o lóbulo occipital ou zona posterior do cerebro) onde se traduce en imaxe.

A luz atravesa a córnea, capa transparente en forma de cúpula que cobre a parte dianteira do ollo, pasa pola pupila, que está mais ou menos dilatada en función da cantidade de luz que esté recibindo o ollo e chega ó cristalino. O cristalino é a lente que permite enfocar a luz ou a imaxe na retina.

A combinación das imaxes que chegan ó cerebro dos dous ollos permite ver en tres dimensións (visión tridimensional), con volume e perspectiva. É importante así comprender que en realidade “vemos” no cerebro, pero para ver é necesario que a luz e as imaxes chegen en forma de estímulo nervioso ó cerebro, para o cal precisamos os ollos.

Por iso, explícase que existan persoas cegas, por exemplo tras un accidente con lesión no cerebro na zona occipital, que teñen os ollos intactos. Ou á inversa, que unha persoa cega porque a córnea volveuse opaca por un accidente, volva a ver tras un transplante de córnea.

¿Cales son os problemas de visión máis frecuentes?

Os problemas de visión poden ser debidos a defectos na forma do ollo, que da lugar ós chamados errores de refracción e que se corrixen con lentes, e aqueles outros debidos a fallos no rego, tensión ocular, a función dos elementos do ollo ou alteracións na retina e/ou o nervio óptico, e que en moitos casos son secundarios a enfermidades xerais, como a diabete.

  • Defectos na visión por erros na refracción:
    • Miopía: dificultade para ver os obxetos afastados.
    • Hipermetropía: dificultade para ver os obxetos próximos.
    • Presbicia: dificultade para enfocar ó mirar, debida o envellecemento do cristalino. Comeza entre os 40-50 anos. Un síntoma típico é a necesidade de colocar o libro ou o xornal cada vez máis lonxe dos ollos para ver ben as letras.
    • Astigmatismo: a córnea non ten unha forma redonda uniforme, e por tanto vense os obxetos deformados. Con frecuencia acompaña á miopía ou á hipermetropía. Os defectos de refracción corríxense mediante lentes graduadas.
  • Retinopatía diabética.
  • Dexeneración macular.
  • Glaucoma.
  • Cataratas.

¿Cómo se poden corrixir os problemas de visión?

Os problemas visuais debidos a defectos na refracción corríxense mediante lente correctoras, ben en forma de gafas ou ben coma lentes de contacto. Os problemas secundarios á retinopatía diabética requiren o control estrito e cuidadoso da diabete, así como o tratamento das lesións vasculares do ollo que se presenten. As cataratas poden requerir intervención quirúrxica nas fases avanzadas. O tratamento con láser é unha ferramenta útil para tratar ou retrasar a evolución das lesións da retina asociadas a moitas das enfermidades oculares. En moitas delas o uso de lentes pode colaborar na mellora da visión.

¿Cómo podemos previr as lesións e accidentes nos ollos?

1.- Controis oftalmolóxicos periódicos

Unha das primeiras medidas a ter en conta é a realización periódica de controis de agudeza visual e dos ollos. Así, dentro dos recoñecementos médicos durante a infancia, o pediatra, mediante a historia clínica e o control da agudeza visual, pode detectar tempranamente un problema de visión. Tamén debe acudirse a revisar ante problemas de agudeza visual, visión anómala, dor ocular, etc. A recomendación de revisións periódicas é de especial relevancia nas persoas diabéticas, hipertensas ou que padecen algunha enfermidade ocular.

Mediante estes controis pódense detectar tempranamente lesións, problemas de agudeza visual, ou enfermidades cuxo tratamento temperán pode permitir reducir a perda de visión.

Os exames oculares adoitan comprender o estudo de fondo de ollo, da agudeza visual, do campo visual e a determinación da tensión ocular. Para a realización do estudio de fondo de ollo é necesario dilatar a pupila, que se realiza mediante a aplicación no ollo dun colirio con fármacos chamados midriáticos (que producen midriasis ou dilatación da pupila).

A través da pupila o oftalmólogo pode estudar a retina e os vasos desta, identificando as lesións de enfermidades como a retinopatía diabética, a dexeneración macular, ou o desprendemento de retina, entre outras. Mediante un tonómetro que se coloca enriba da córnea, mídese a tensión ocular, medida importante no diagnóstico e control do glaucoma.

A través da comprobación da capacidade de ver letras e debuxos a unha distancia controlada, de distintos tamaños, ou de dinstintas cores, realízase o estudo da agudez visual e a comprobación da visión das cores, o que permite diagnosticar os distintos tipos de problemas de agudeza visual (miopía, hipermetropía, astigmatismo, daltonismo, etc.)

Por último, a comprobación da visión lateral permite detectar problemas de reducción ou de alteracións do campo visual, asociado a enfermidades como o glaucoma ou as lesións na retina asociadas á retinopatía diabética, desprendemento de retina, etc...

2.- Adopcións de medidas de protección ocular

Os accidentes e lesións oculares requiren a adopción de medidas de protección ocular ó realizar actividades ó sol (Protección solar: protección solar dos ollos), no medio laboral, deportivo, e sempre que se realicen actividades nas que se produza emisión de gases, partículas, risco de golpes ou impacto de partículas, ou salpicadura de líquidos biolóxicos contaminados.

No medio laboral, é fundamental que exista unha política de seguridade que debe de estar baseada no correcto deseño do espazo de traballo, na colocación das ferramentas, productos químicos, maquinaria, equipos técnicos, etc., así como na formación axeitada dos traballadores no seu manexo.

Os posibles riscos deben de estar identificados, e os traballadores e profesionais sanitarios do servizo de prevención formados na súa prevención e na resposta a dar en caso de accidente. Por exemplo, nun laboratorio, todos os traballadores deben de coñecer os productos químicos e biolóxicos que utilizan, o seu manexo correcto, as normas de seguridade e de actuación en caso de accidente, así como ter sempre accesibles as fichas de seguridade dos devanditos productos no espazo de traballo para a súa consulta inmediata en caso de accidente.

Un recurso fundamental é a dispoñibilidade visible dos teléfonos de urxencias para consulta ou para atención sanitaria.

Deben de estar dispoñibles duchas e lavaollos así como botiquíns con soro isotónico e apósitos.

O segundo aspecto a ter sempre presente é a dispoñibilidade e uso dos sistemas de protección ocular e facial axeitados ás tarefas e riscos. Os dispositivos de protección ocular deben de cumprir as normal CE e de calidade. É importante comprobar sistemáticamente o seu bo estado e funcionamento (de nada servirían uns anteollos de seguridade nos que a lente teña fisuras, por exemplo), debe de elexirse o tipo de anteollos ou gafas de seguridade que require a actividade a realizar (tallado, soldadura, etc.), e ¡¡¡¡DEBEN DE EMPREGARSE SEMPRE!!!!

¿Qué se debe facer ante un accidente ou lesión ocular?

As lesións oculares máis frecuentes son o impacto por un corpo estraño (estela de metal ou madeira, fragmentos de pedra ...); os pinchazos ou cortes; a salpicadura de productos químicos e golpes.

Ante o impacto dunha estela ou corpo estraño debe lavarse con abundante auga o ollo, evitando fregar o ollo, xa que ao fregar o único que se fai é cravar mais a estela e lesionar a conxuntiva. Se con lavado do ollo non se elimina o corpo estraño, persiste a dor e o arrubiamento, debe de acudir a un oftalmólogo.

Non emprege ningún colirio para o lavado do ollo nin para o tratamento da ferida que non fose indicado polo médico.

En caso de corte, pinchazo, ou se se cravou un obxeto no ollo, debe de acudir inmediatamente a urxencias, evitando a manipulación do ollo. Non o lave nin intente extraer o obxeto cravado, posto que debe realizarse no centro médico baixo control. Protexa o ollo lesionado sen oprimilo, facendo cámara cunha superficie ríxida.

As lesións producidas por productos químicos adoitan consistir en queimaduras e irritacións. É moi importante lavar abundantemente o ollo con auga durante mais de 15 minutos e manter o ollo húmido, enxugándoo ata chegar a consulta médica urxente. Se a persoa lesionada usa lentes de contacto non se deben de manipular, senon esperar a que salte polo efecto de lavado.

En caso de contusión, aconséllase aplicar unha compresa frío ou con xeo. Debe de vixiarse que non aparezan hemorraxias oculares, se altere a visión ou se manteña a dor, en cuxo caso débese acudir á consulta médica.

O coidado dos ollos: mitos e realidades

Reproducido do Instituto Nacional do Ollo de EEUU

Mito: Ler con pouca luz fai dano ós ollos.
Realidade: Aínda que ler con pouca luz cansa os ollos, non é daniño.
Mito: Usar o ordenadror dana a vista.
Realidade: Aínda que o uso do ordenador asóciase coa fatiga visual, non dana os ollos.
Mito: Se le demasiado, os ollos gástanse.
Realidade: Os ollos non se gastan, pódense usar canto se queira.
Mito: Sentarse moi preto do televisor é malo para os ollos.
RealidadeNon hai probas científicas que indiquen que sentarse moi preto do televisor é malo para os ollos.
Mito: Se precisas gafas, é que os seus ollos non están sans.
Realidade A necesidade de empregar lentes non ten nada que ver coa saúde dos ollos, senón co tamaño e a forma do ollo, ou debidos a cambios nos ollos asociados á idade.
Mito: Non fai falta facerse un exame dos ollos ata ter uns 40 ou 50 anos.
RealidadeAs enfermidades dos ollos poden acontecer en calquera momento. Cando envellecemos, é mais frecuente que os ollos desenvolvan enfermidades.
Mito: Comer moitas cenorias é bo para a vista.
RealidadeUnha boa nutrición é importante para a saúde en xeral, incluíndo os ollos. A única base para este mito é que as cenorias conteñen vitamina A, que é necesaria en pequenas cantidades para o bo funcionamento dos ollos, pero unha dieta equilibrada contén toda a vitamina A que unha persoa necesita. Debe terse en conta que un exceso de vitamina A pode ser perxudicial.